domingo, 29 de abril de 2018

3ª hipótese

Influenza porcina:

Outra posibilidade é a gripe porcina causada polo virus da influenza porcina tipo A, xa que coinciden moitos dos síntomas cos que presentabas os ranchos. Os principais factores para adquirir o virus son o estrés e o frío intenso.

Síntomas: depresión, febre, anorexia, tose, disnea (dificultade respiratoria), debilidade muscular, postración (estado de desánimo), descarga mucosa por nariz e ollos, diarrea, vómitos e úlceras gástricas. E nos pulmóns poden chegar a presentar un aumento do tamaño dos nódulos linfáticos do mediastino.

Webgrafía:
https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/swine-flu/symptoms-causes/syc-20378103
https://www.3tres3.com/enfermedades/ulceras-gastricas_46
http://www.cresa.es/granja/gripe-porcina.pdf

2ª hipótese

Complexo respiratorio porcino:

O leitón pode padecer esta enfermidade xa que é común en porcos en crecemento e reagrupados. Esta doenza pode estar causada por un virus ou por unha bacteria. Os cambios bruscos de temperatura ou que as instalacións non sexan aptas, son factores que axudan a contraela.

Síntomas: anorexia, febre, polidipsia (necesidade esaxerada de beber), postración, emaciación (adelgazamento patolóxico), letrago (estado de cansazo), tose e mortes súbitas.

Webgrafía:
https://www.porcicultura.com/micrositio/Virbac-de-M%C3%A9xico/Complejo-respiratorio-porcino-%28CRP%29

https://www.engormix.com/porcicultura/articulos/enfermedad-complejo-respiratorio-porcino-t30242.htm

1ª hipótese

Pleuropulmonía contagiosa porcina:

Enfermidade moi contaxiosa, de evolución  rápida con altas tasas de mortalidade. Causada polo actinobacillus (haemophilus) pleuroneumoniae. Con maior facilidade de contraerse se o animal está baixo factores como o estrés.  

Síntomas: morte repentina, dificultade respiratoria, descarga nasal e oral espumosa, sangrado, febre, anorexia e resistencia ao movemento.

Webgrafía:
https://www.engormix.com/porcicultura/articulos/pleuroneumonia-porcina-enemigo-facil-t26920.htm
https://www.3tres3.com/enfermedades/app_4

INVESTIGACIÓN DA MOSTRA


Na mostra que nos adxuntaron temos unha parte de pulmón san e outra de pulmón enfermo:




Polo tanto, podemos observar diferenzas notables, como son, por unha parte, a diminución da cantidade e do tamaño dos alvéolos. Ademais, os bronquíolos conteñen sangue, cando en estado san esto non ocorre. Por outra parte, no pulmón enfermo hai menos capilares sanguíneos, arterias e veas, é dicir, menos vasos sanguíneos. Polo tanto, os leitóns que teñan esta enfermidade teñen unha dificultade para intercambiar os gases entre os alvéolos e o sangue (teñen menos superficie alveolar). 











sábado, 28 de abril de 2018

HIPÓTESE 1

Temos dúas mostras de intestino delgado para investigar o caso.

HIPÓTESE 1

Pensamos que os coellos puideron sufrir enteritis debido a un cambio brusco na dieta provocado pola ausencia do seu dono, non obstante, tamén puido ser provocada por un exceso de proteínas.
Como a rexión perianal estaba manchada de feces, é posible que sufrira diarrea.









WEBGRAFÍA:
https://ddd.uab.cat/pub/cunicultura/cunicultura_a1979m8v4n20/cunicultura_a1979m8v4n20p155.pdf
http://www.cuniculturaperu.com/2012/02/la-enfermedad-mas-importante-en-los.html
 http://cunicultura.com/2013/06/revision-y-conclusiones-de-la-enteropatia-epizootica-del-conejo



miércoles, 25 de abril de 2018

Hipótesis

Después de buscar información sobre las posibles causas de la muerte del cazón, hemos llegado a la posible hipótesis de que lo que provoco esas causas fue una bacteria en este caso estamos entre dos posibles bacteria, Pseudónima y Flexibacter columnaris las cuales tiene efectos muy parecidos ocurridos en el cazón. Como por ejemplo las ulceras que se encontraron en el tiburón.

martes, 24 de abril de 2018

HIPÓTESE 1 (CASO 7)

HIPÓTESE 1

O salmón pode padecer Septicemia hemorráxica porque esta enfermidade pode darse cando hai un esceso de nitratos na auga. Cremos que é esta enfermidade porque o análise da auga da piscifactoría revelou un alto contido en nitratos.
Esta enfermidade segundo a web http://www.elestanque.com/koi/sintomas_2.html produce os síntomas que padeceu o salmón:
Pérdida do apetito.
Manchas vermellas na pel.
Algúns dos peixes nadaban pola superficie da auga.

Nas mostras podemos atopar que as branquias do salmón están máis xuntas que nunha mostra dunha branquia sa. Aportamos fotos dunha branquia das nosas mostras e dunha branquia en bo estado.


 Mostra dunha branquia en bo estado.
Branquia coa suposta enfermidade. (10/0.25)
(Feita por nós)

H&E

A mostra está tinguida con H&E (hematoxicilina-eosina), esta é unha das tinturas máis utilizadas en histoloxía. A hematoxicilina é un colorante básico e a eosina é un ácido. Desta maneira podemos apreciar de diferente cor as estruturas das células:
  • Cor violeta: núcleo e ribosomas.
  • Cor rosa: citoplasma e moléculas básicas da célula (mitocondrias).

viernes, 20 de abril de 2018

Caso 8 (Cazón liso)

Presentación del caso

Nuestro caso es el de un cazón liso, de la familia de los tiburones, del acuario "Mar a fora". El cazón apareció muerto en el fondo del tanque tras varios días mostrando un comportamiento extraño. Durante varios días el animal nadaba lentamente en la superficie del agua, no comía y respiraba agitadamente. Unos días antes hubo un corte de energía durante 4 horas que dejó la superficie del tanque al descubierto y accesible para cualquier persona.
En la necropsia del animal se observaron úlceras profundas en la piel de las aletas dorsal y caudal. Las branquias estaban muy rojas y tenían unas estructuras pardas de unos 3 mm de longitud que no fueron identificadas distribuidas por toda la superficie de los filamentos. Al abrir la cavidad abdominal se encontraron varias petequias en la serosa del revestimiento del intestino.

Nos adjuntaron una muestra de branquias teñida con H&E (Hematoxilina-Eosina) que sirve para teñir los siguientes componentes básicos de la muestra:
  • Colágeno: rosa pálido.
  • Músculo: rosa fuerte.
  • Queratina: rojo intenso.
  • Citoplasma: rosado.
  • Núcleos: azul oscuro o púrpura (en realidad se tiñe sólo la cromatina).
  • Eritrocitos: color cereza.
Adjuntamos imágenes de la muestra histológica vista al microscopio a x4, x10 y x40 aumentos.




Hipótesis 1 (parásitos)

Nuestra primera hipótesis es que el cazón pudo ser infectado con algún tipo de parásito durante el corte de luz el cual al instalarse en sus branquias le causó problemas de respiración.






Presentación caso 6



Porca de tres meses dunha explotación porcina, na cal houbo un aumento de mortalidade nos ranchos pequenos. Este suceso coincidiu con obras na granxa, polo que a gandeira sospeita dun obreiro que roldaba por esas porqueiras.
Os síntomas que presentaban os porcos pequenos eran:

  • tose
  • diarrea con feces escuras
  • crecemento deficiente
  • mordeduras no rabo e nas orellas
  • palidez da mucosa oral
  • líquido turbio, amarelado nas cavidades torácica e abdominal
  • lesións pulmonares ( pulmón vermello, e adherido á cavidade torácica, nódulos con pus, igual que os bronquios)
  • aunmento de tamaño dos linfonodos do mediastino
  • úlcera no estómago
  • hemorraxia no lumen do estómago e intestino.


CASO 5

COELLOS INTOXICADOS?

Coello procedente dunha explotación cunícola de cincuenta reprodutoras.
En febreiro dez camadas de coellos de dous meses comenzaron a adelgazar, sufriron perda de apetito e diarrea e morreron. As nais non presentaban sintomatoloxías á parte de úlceras na zona plantar dos membros posteriores, é decir, na planta das patas traseiras. Isto coincidiu con que o propietario estivera fóra varios días e deixara a alguén a cargo de alimentar os animais. Cando voltou sospeitou que o problema podía estar relacionado coa auga da bebida, pois tivera xa algún outro inconvinte con iso por unha fábrica de tintas que se atopaba algo máis arroba có pozo da explotación. O veterinario realizou unha necropsia a un dos coellos mortos e observou que a rexión perianal estaba sucia con manchas de feces. O coello estaba moi delgado e na inspección do aparato dixestivo e tiña un contido mucoso amarelado e brillante e o colon presentaba feces xa formadas.



CASO 7

PISCIFACTORÍA DE SALMÓNS.

Nunha piscifactoría atoparon unha gran mortalidade de salmóns que se trasladaron despois dunha inundación temporal. A auga estaba turbia e algúns peixes nadaban sobre si mesmos, ademais algúns nadaban preto da superficie da auga. Os peixes que non morreron tiñan manchas vermellas na pel. Nun análise revelouse que había unha elevada cantidade de nitrato. Un veciño estivo fertilizando unha leira preto do río con zurro antes do temporal. Meses máis tarde, os peixes comezaron a perder o apetito. Na valoración clínica dos salmóns non se atoparon signos de enfermidades pero tomáronse mostras. Na necropsia destes non se atoparon sesións macoscópicas evidentes.

ANIMAL CSI. CASOS PRÁCTICOS IES RÍO MIÑO

REPARTO DE CASOS:
Caso 5: María e Jonathan
Caso 6: Angela e Laura P
Caso 7: Laura B e Alessandra

martes, 17 de abril de 2018

Caso 9: Ovella atopada morta nun campo

         


Hipótese 1:

Infección por coccidiosis.

Información obtida:


A coccidiosis é unha infección causada por coccidios, que puidemos ver no tinte Ziehl-Neelsen, publicados na entrada anterior. Corresponderíanse coas BAAR. Na mostra tinxida con H&E atopamos macrófagos, células do sangue encargadas de combatir a infección. Os seus síntomas coinciden cos da ovella:

  • A diarrea e o adelgazamento estarían causados pola infección das células parasitadas e a imposibilidade das non parasitadas de realizar a absorción dos nutrientes.
  • O líquido acumulado na cavidade torácica (derrame pleural) pode ser debido á infección.
  • Os linfonodos aumentados de tamaño, pálidos e brillantes débense ao combate da infección.
  • A atrofia dos músculos das extremidades posteriores e o tecido subcutáneo moi pobre en graxa, así como a atrofia serosa da mesma, prodúcense pola falta de nutrientes.
  • A coxestión dos vasos mesentéricos, que consiste nunha dilatación dos mesmos, pode ser causada por unha inflamación. 



A enteritis catarral (causada pola coccidiosis) :

A infección viral causa dano ás vellosidades proxeccións como cabelos la mucosa do intestino. Debido al dano, o intestino perder a súa habilidad para dixerir correctamente e absorber o alimento.



Enteritis: inflamación del intestino.

Catarral: hipersecreción de moco en el intestino.

SÍNTOMAS:
  • Pérdida de apetito.
  • Diarrea verde, acuosa o viscosa (excremento verde).
  • Deposición manchada de negro con sangre.
  • Deshidratación.
  • Pereza (aletargamiento).
  • Pérdida de peso.
  • Debilidad.









viernes, 13 de abril de 2018

Caso 9: Ovella atopada morta nun campo

Adxuntámoslles as seguintes imaxes das mostras, nas dúas tincións, en distintos aumentos:
- Na tinción Ziehl-Neelsen (Z-N), que é a azul, pódense ver bacterias bacilos ácido alcoholes resistentes (BAAR), que son os puntiños morados que se poden ver no 3º aumento. As paredes celulares destas bacterias conteñen ácidos graxos que resisten á decoloración con alcohol-ácido. Esta coloración require un quentamento, e ao enfriarse o colorante non pode saír das bacterias.


- 1º aumento (x4):                                 - 2º aumento (x10):                                - 3º aumento (x40):



- Na tinción H&E, a hematoxilina tinxe estructuras ácidas (basófilas) en ton púrpura, por exemplo núcleos celulares, e a eosina tinxe compoñentes básicos (acidófilos: bacteria que vive en condicións extremas) en tons rosas. No 3º aumento, tamén se poden ver granulomas, que son masas máis ou menos esféricas de células inmunes que se forman cando o sistema inmunolóxico intenta aislar substancias estrañas que foi incapaz de eliminar. 

- 1º aumento (x4):                                 - 2º aumento (x10):                                - 3º aumento (x40):


                                   
NOTA: As manchas marróns son do microscopio.









miércoles, 11 de abril de 2018

Caso 9: Ovella atopada morta nun campo


O noso caso trata sobre unha ovella atopada en rigor mortis dúas semanas despois de empezar o seu tratamento contra a diarrea, xunto a outra en estado de descomposición que presentaba sangue e mordeduras na gorxa. Ambas pertencían á mesma granxa, na que os animais presentaban os seguintes síntomas:
  • Diarrea crónica nun 2% dos individuos
  • Adelgazamento progresivo
  • Distensión abdominal e delgadez extrema
  • Tecido subcutáneo moi pobre en graxa
  • Músculos das extremidades posteriores atrofiados
  • Cavidade torácica cun líquido transparente de aproximadamente 100ml
  • Conxestión marcada dos vasos mesentéricos
  • Atrofia serosa da graxa
  • Linfonodos aumentados de tamaño, pálidos e brillantes
  • Mucosa intestinal do íleo lixeiramente engrosada
  • Hepatomegalia
  • Condutos biliares engrosados con parasitos platihelmintos (tipo trematodo) no seu interior

Caso Troita

 Nas últimas semanas de xullo observouse unha leve mortalidade nas troitas dunha piscifactoría. Presentaban unha despigmentación na pel, e apareceron restos mucosos amarelos no ano dos animais. Enviáronnos dúas mostras do intestino dunha femia de 350g: unha tinguida en H&E e outra en Gram.
Intestino enfermo
Intestino sano
 Aquí podemos observar un desprendemento de epitelio no intestino (puntiños negros) na mostra da esquerda e un intestino sano(dereita). A tinción H&E corresponde á mestura de hematoxilina. A tinción hematoxilina-eosina é un dos métodos máis populares de tinción utilizado en histoloxía e medicina diagnóstica.

 E nesta imaxe podemos ver as bacterias filamentosas segmentadas(zonas máis escuras) na mostra Gram. A 
tinción de Gram é un tipo de tinción diferencial empleado en bacterioloxía para a visualización de bacterias, sobre todo en mostras clínicas.
 Non sabemos o que son as dúas zonas redondeadas e tampouco sabemos por que as bacterias están entre as dúas zonas.

Hipótese: posible gastrointerite.

Comprobación: Observando as mostras e buscando información chegamos á coclusión de que as troitas padecían unha Gastrointerite, producida posiblemente por unha bacteria denominada "Candidatus arthromitus". Os síntomas coinciden cos da nosa troita. Sabemos que as gastrointerites son comúns nos meses de verán, cando a temperatura sobrepasa os 15º C. A nosa troita morreu en xullo, despois de ser trasladada a un novo tanque. Este tanque puido ter unha temperatura demasiado elevada da auga.
 Pensamos que estas bacterias puideron chegar ás troitas a partir da inxestión dun novo penso.


2ª Hipótese: Cambio de tanque

Comprobación: Seguimos investigando sobre como chegaron as bacterias aos peixes e, despois de buscar información, chegamos a conclusión de que os peixes enfermaron polo cambio de tanque e non polo penso. Con este cambio de temperatura e mais o estrés producido polo cambio de tanque, as bacterias proliferaron e produciuse a infección.











domingo, 8 de abril de 2018

ANIMAL CSI. CASOS PRÁCTICOS IES SANXILLAO

REPARTO DE CASOS:

CASO 8: ÁDRIÁN, ÁNGEL E CARLOS.

CASO 9: IRENE, LIDIA, LUCÍA E RAQUEL.

CASO 10: DAVID, GONZALO E LUIS.

AQUALAB presentación

Neste curso, nas xornadas para o profesorado de Xuvenciencia, ofertáronnos un novo proxecto, AQUALAB.

Este proxecto baséase na realización dun balance hídrico moi simple dun solo nunha maceta. 

Para iso é necesario a realización de 3 actividades:

1. Arduíno e montaxe dos sensores ambientais.

2. Calibración do sensor do contido de auga no solo, obténdose unha curva de calibración medindo a resposta do sensor e o contido de auga no solo mediante o pesado do solo.

3. Realización dun balance de auga na maceta de solo, para estimar a perda de auga por evaporación desde o solo.




sábado, 7 de abril de 2018

ANIMAL CSI presentación

Este proxecto abarca varias actividades:
  • Recoñecemento dos principais tipos celulares do sangue en mamíferos.
  • A técnica da necropsia. Exploración dun peixe morto, empregaremos unha troita e un verdel. Farase en dúas etapas: 
    • Recoñecemento externo. Neste momento pódense realizar varias probas que axudan ou orientan o diagnóstico.
      • Extracción e exame do sangue.
      • Raspado de pel e branquias.
      • Preparación en fresco de branquias.
      • ...
    • Inspección das cavidades abdominal, pericárdica e cranial e extracción das vísceras.
  • Estudo histopatolóxico. Casos prácticos.


COMEZAMOS XUVENCIENCIA NA AULA

Neste curso 2017/18 imos participar en dous proxectos XUVENCIENCIA NA AULA.

Un xa non é novo pero, como cada ano que participamos -e iste é xa o terceiro-, tomámolo como novo reto: Animal CSI; o outro comeza a andaina este curso e coma sempre ao comezar un novo proxecto, imos ver que pasa con ilusión e gañas de traballar: Aqualab.

BO TRABALLO RAPACES!!!