Porca de tres meses dunha explotación porcina, na cal houbo un aumento de mortalidade nos ranchos pequenos. Este suceso coincidiu con obras na granxa, polo que a gandeira sospeita dun obreiro que roldaba por esas porqueiras.
Os síntomas que presentaban os porcos pequenos eran:
- tose
- diarrea con feces escuras
- crecemento deficiente
- mordeduras no rabo e nas orellas
- palidez da mucosa oral
- líquido turbio, amarelado nas cavidades torácica e abdominal
- lesións pulmonares ( pulmón vermello, e adherido á cavidade torácica, nódulos con pus, igual que os bronquios)
- aunmento de tamaño dos linfonodos do mediastino
- úlcera no estómago
- hemorraxia no lumen do estómago e intestino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario