domingo, 29 de abril de 2018

3ª hipótese

Influenza porcina:

Outra posibilidade é a gripe porcina causada polo virus da influenza porcina tipo A, xa que coinciden moitos dos síntomas cos que presentabas os ranchos. Os principais factores para adquirir o virus son o estrés e o frío intenso.

Síntomas: depresión, febre, anorexia, tose, disnea (dificultade respiratoria), debilidade muscular, postración (estado de desánimo), descarga mucosa por nariz e ollos, diarrea, vómitos e úlceras gástricas. E nos pulmóns poden chegar a presentar un aumento do tamaño dos nódulos linfáticos do mediastino.

Webgrafía:
https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/swine-flu/symptoms-causes/syc-20378103
https://www.3tres3.com/enfermedades/ulceras-gastricas_46
http://www.cresa.es/granja/gripe-porcina.pdf

2ª hipótese

Complexo respiratorio porcino:

O leitón pode padecer esta enfermidade xa que é común en porcos en crecemento e reagrupados. Esta doenza pode estar causada por un virus ou por unha bacteria. Os cambios bruscos de temperatura ou que as instalacións non sexan aptas, son factores que axudan a contraela.

Síntomas: anorexia, febre, polidipsia (necesidade esaxerada de beber), postración, emaciación (adelgazamento patolóxico), letrago (estado de cansazo), tose e mortes súbitas.

Webgrafía:
https://www.porcicultura.com/micrositio/Virbac-de-M%C3%A9xico/Complejo-respiratorio-porcino-%28CRP%29

https://www.engormix.com/porcicultura/articulos/enfermedad-complejo-respiratorio-porcino-t30242.htm

1ª hipótese

Pleuropulmonía contagiosa porcina:

Enfermidade moi contaxiosa, de evolución  rápida con altas tasas de mortalidade. Causada polo actinobacillus (haemophilus) pleuroneumoniae. Con maior facilidade de contraerse se o animal está baixo factores como o estrés.  

Síntomas: morte repentina, dificultade respiratoria, descarga nasal e oral espumosa, sangrado, febre, anorexia e resistencia ao movemento.

Webgrafía:
https://www.engormix.com/porcicultura/articulos/pleuroneumonia-porcina-enemigo-facil-t26920.htm
https://www.3tres3.com/enfermedades/app_4

INVESTIGACIÓN DA MOSTRA


Na mostra que nos adxuntaron temos unha parte de pulmón san e outra de pulmón enfermo:




Polo tanto, podemos observar diferenzas notables, como son, por unha parte, a diminución da cantidade e do tamaño dos alvéolos. Ademais, os bronquíolos conteñen sangue, cando en estado san esto non ocorre. Por outra parte, no pulmón enfermo hai menos capilares sanguíneos, arterias e veas, é dicir, menos vasos sanguíneos. Polo tanto, os leitóns que teñan esta enfermidade teñen unha dificultade para intercambiar os gases entre os alvéolos e o sangue (teñen menos superficie alveolar). 











sábado, 28 de abril de 2018

HIPÓTESE 1

Temos dúas mostras de intestino delgado para investigar o caso.

HIPÓTESE 1

Pensamos que os coellos puideron sufrir enteritis debido a un cambio brusco na dieta provocado pola ausencia do seu dono, non obstante, tamén puido ser provocada por un exceso de proteínas.
Como a rexión perianal estaba manchada de feces, é posible que sufrira diarrea.









WEBGRAFÍA:
https://ddd.uab.cat/pub/cunicultura/cunicultura_a1979m8v4n20/cunicultura_a1979m8v4n20p155.pdf
http://www.cuniculturaperu.com/2012/02/la-enfermedad-mas-importante-en-los.html
 http://cunicultura.com/2013/06/revision-y-conclusiones-de-la-enteropatia-epizootica-del-conejo



miércoles, 25 de abril de 2018

Hipótesis

Después de buscar información sobre las posibles causas de la muerte del cazón, hemos llegado a la posible hipótesis de que lo que provoco esas causas fue una bacteria en este caso estamos entre dos posibles bacteria, Pseudónima y Flexibacter columnaris las cuales tiene efectos muy parecidos ocurridos en el cazón. Como por ejemplo las ulceras que se encontraron en el tiburón.

martes, 24 de abril de 2018

HIPÓTESE 1 (CASO 7)

HIPÓTESE 1

O salmón pode padecer Septicemia hemorráxica porque esta enfermidade pode darse cando hai un esceso de nitratos na auga. Cremos que é esta enfermidade porque o análise da auga da piscifactoría revelou un alto contido en nitratos.
Esta enfermidade segundo a web http://www.elestanque.com/koi/sintomas_2.html produce os síntomas que padeceu o salmón:
Pérdida do apetito.
Manchas vermellas na pel.
Algúns dos peixes nadaban pola superficie da auga.

Nas mostras podemos atopar que as branquias do salmón están máis xuntas que nunha mostra dunha branquia sa. Aportamos fotos dunha branquia das nosas mostras e dunha branquia en bo estado.


 Mostra dunha branquia en bo estado.
Branquia coa suposta enfermidade. (10/0.25)
(Feita por nós)