COELLOS INTOXICADOS?
Coello procedente dunha explotación cunícola de cincuenta reprodutoras.
En febreiro dez camadas de coellos de dous meses comenzaron a adelgazar, sufriron perda de apetito e diarrea e morreron. As nais non presentaban sintomatoloxías á parte de úlceras na zona plantar dos membros posteriores, é decir, na planta das patas traseiras. Isto coincidiu con que o propietario estivera fóra varios días e deixara a alguén a cargo de alimentar os animais. Cando voltou sospeitou que o problema podía estar relacionado coa auga da bebida, pois tivera xa algún outro inconvinte con iso por unha fábrica de tintas que se atopaba algo máis arroba có pozo da explotación. O veterinario realizou unha necropsia a un dos coellos mortos e observou que a rexión perianal estaba sucia con manchas de feces. O coello estaba moi delgado e na inspección do aparato dixestivo e tiña un contido mucoso amarelado e brillante e o colon presentaba feces xa formadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario