miércoles, 11 de abril de 2018

Caso 9: Ovella atopada morta nun campo


O noso caso trata sobre unha ovella atopada en rigor mortis dúas semanas despois de empezar o seu tratamento contra a diarrea, xunto a outra en estado de descomposición que presentaba sangue e mordeduras na gorxa. Ambas pertencían á mesma granxa, na que os animais presentaban os seguintes síntomas:
  • Diarrea crónica nun 2% dos individuos
  • Adelgazamento progresivo
  • Distensión abdominal e delgadez extrema
  • Tecido subcutáneo moi pobre en graxa
  • Músculos das extremidades posteriores atrofiados
  • Cavidade torácica cun líquido transparente de aproximadamente 100ml
  • Conxestión marcada dos vasos mesentéricos
  • Atrofia serosa da graxa
  • Linfonodos aumentados de tamaño, pálidos e brillantes
  • Mucosa intestinal do íleo lixeiramente engrosada
  • Hepatomegalia
  • Condutos biliares engrosados con parasitos platihelmintos (tipo trematodo) no seu interior

No hay comentarios:

Publicar un comentario